Benvidos a ¡Mil Rayos!

haddockindex.jpg

Benvido a ¡Mil Rayos!, asociación tintinófila de fala hispana.

No ano do 80º Aniversario de Tintin nace ¡Mil Rayos!, unha nova asociación tintinófila para socios de lingua hispana.

Por qué ¡Mil Rayos!? O nome da nosa asociación tintinófila nace da boca do Capitán Haddock, o fiel amigo de Tintin. Esta é unha das célebres expresións, arrebatos ou insultos que desata o Capitán cada vez que afronta problemas. Esta expresión é sinónimo do temperamento duns dos personaxes máis importantes das aventuras de Tintin, aquel que por máis vocablos e insultos desprenda da súa boca, será o amigo e compañeiro inseparable de Tintin.

¡Mil Rayos! é a asociación de amantes da obra de Hergé dos países de fala hispana. O noso obxectivo é estudar e promover a obra de Hergé. Editamos duas revistas anuais (exclusivas para os socios) e un gran encontro anual (aberto a todo o mundo), evento que cada ano conta con máis participantes. Sen embargo, seguiremos traballando para incrementar o número de actividades da asociación. Os socios podrán participar de todas as actividades que se levarán a cabo, puidendo ser parte do comité de redacción da revista, da elaboración dos boletíns informativos, dos encontros, etc.

Esta é unha asociación independente de aficionados do mundo de Tintin e foi autorizada por Moulinsart S.A., sociedad propietaria dos dereitos do legado artístico de Hergé para realizar as súas actividades.

Invitámosvos a participar na nosa asociación, e a disfrutar de todas as vantaxes, para elo FAITE SOCIO